Regresan os cursos presenciais do Comité Galego de Árbitros

Retorna á actualidade a formación presencial en iniciación para árbitros e oficiais de mesa. O Comité Galego, en estreita colaboración co CB Viveiro, activa unha nova convocatoria didáctica destinada a todas aquelas persoas interesadas en dar os seus primeiros pasos no mundo da arbitraxe.

Coa localidade de Viveiro como sede física, no Instituto Mara Sarmiento e no Pavillón Municipal reuniranse os alumnos, cuxa cifra na actualidade elévase a 16; para tomar clases da man do coordinador zonal do CGAB en Lugo, Juan Bosco Casal.

Esta retorno á formación in situ levarase a cabo este venres, sábado e domingo, 9, 10 e 11 de outubro; e manterá aberto o seu prazo de inscrición ata a primeira desas datas.

Todos os interesados en participar poden solicitalo a través do envío dun email a arbitros@fegaba.com

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram