Regresan as “Xornadas de Mellora Técnica FGB”

A Área Deportiva FGB prepara para este verán a segunda edición das “Xornadas de Mellora Técnica”, actividade encadrada dentro do seu ciclo de traballo “Horizonte 2018”.

A Federación Galega de Baloncesto pon en marcha as “Xornadas de Mellora Técnica 2016”. Repetindo o formato e sede da primeira edición, celebrada o pasado verán, a Área Deportiva FGB programa para o mes de agosto, en Tui, a segunda convocatoria deste proxecto cuxo obxectivo radica na mellora individual e colectiva dun grupo de xogadores e xogadoras incluídos xa na dinámica de seguimento FGB.

De carácter multidisciplinar, a edición 2016 das Xornadas de Mellora Técnica agrupará, baixo convocatoria pechada, a xogadores e xogadoras das xeracións 2003, 2004, 2005 e 2006. Xunto a eles traballará un Staff técnico de adestradores colaboradores FGB, profesionais experimentados nas diferentes facetas buscadas, tanto no aspecto deportivo como no humano.

Os detalles concretos deste ambicioso proxecto, que de seguro crecerá con forza en 2016, remítense no documento que achegamos. Así mesmo, en vindeiras datas completarase esta información cos listados de participantes definitivos e a relación de integrantes do cadro técnico.

“Xornadas de Mellora Técnica 2016”

Sede: Tui (Polideportivo Municipal)

Datas: do 24 ao 30 de agosto

 

Xornadas de Mellora Técnica 2016

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram