A Área Deportiva FGB renova a confianza unha temporada máis no formato “Xuntanza”, destinado ao traballo de seguimento e tecnificación concentrando a categoría minibasket durante unha xornada en sede autonómica única.
A Federación Galega de Baloncesto reunirá así este venres, 12 de outubro; en Santiago de Compostela (Pavillón do Restollal) a 14 combinados zonais, sete en masculino e sete en feminino, correspondentes as delegacións xeográficas FGB; e a dous grupos de xogadores e xogadoras que representarán a dous equipos combinados de toda Galicia.
Serán en total 16 “seleccións” que vivirán, en horario de mañá e tarde, unha xornada lúdica e deportiva composta por 16 partidos máis encamiñados a avaliación técnica e aprendizaxe que ao puro espíritu competitivo.
O calendario de xogo, repartido en tres pistas diferentes; así como as listas de xogadores, xogadoras e técnicos que colaborarán coa FGB nesta convocatoria detállanse nos documentos que se achegan.
Xuntanza Minibasket – 12/10/18: calendario
Arousa- 12/10/18
Ferrol – 12/10/18
Lugo – 12/10/18
Ourense – 12/10/18
Santiago – 12/10/18
Vigo – 12/10/18
Galicia 2008 – 12/10/18
Coruña – 12/10/18