Regresa a “Aula Formativa do Adestrador Galego”

A Aula Formativa do Adestrador estréase en 2017 con dobre convocatoria didáctica, contando neste caso coa colaboración do Concello de Redondela e Club Baloncesto Redondela.

Este programa dirixido pola Área deportiva FGB e orientado a todos os adestradores galegos en pleno proceso de formación, celebra unha nova sesión o vindeiro martes, 28 de febreiro (Polideportivo A Marisma. Redondela); contando coa presenza dos técnicos galegos Alberto Pérez Vidal e Miguel Ángel Hoyo, os dous con experiencia pasada como Seleccionadores Galegos.

Ambos guiarán dúas charlas consecutivas, en horario de tarde, baixo o seguinte plan:

(16.30 h) Alberto Pérez Vidal: “Emparellarse e Defender en Minibasket”.

(18.15 h) Miguel Ángel Hoyo: “Táctica Individual: integrar e mellorar los recursos dun xogador”.

Inscrición
Os interesados en tomar parte desta nova sesión da Aula Formativa deberán solicitar a súa inscrición vía mail a adestradores@fegaba.com indicando os seus datos persoais, club de referencia e título da actividade en cuestión. A data límite para materializar esta acción está marcada para o domingo, 26 de febreiro.

Validación
O proceso de validación da formación para adestradores materializarase nesta Aula Formativa a través de oito horas de formación complementaria e un CETI para todos aqueles asistentes que estén inmersos nos cursos FGB.

Aula Formativa do Adestrador Galego: 28/02/17

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram