Recoñecemento do CGAB a Fran Huete

O Comité Galego de Árbitros rendeu este domingo, 14 de setembro; acto de gratitude a un dos seus integrantes, na hora da súa despedida da arbitraxe en competicións FEB.

En Lugo, no marco da final da XXIX Copa Galicia Sénior Masculina e entre o aplauso do público asistente e dos seus propios compañeiros, o colexiado ourensán Francisco Huete recibiu unha sentida homenaxe pola súa traxectoria e adicación ao baloncesto.

Huete tivo a oportunidade de recoller de mans do Director Técnico do CGAB, Miguel Ángel Pérez; e do Vicepresidente FGB, José Manuel Villamarín; unha placa agasallo de todo o colectivo e da propia Federación Galega. Todo un detalle para agradecer os seus anos de compromiso para coa arbitraxe tanto a nivel autonómico como nacional.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram