Real Club Celta e Vilagarcía Basket Cup, premiados co Mérito Deportivo de Galicia

RC Celta de Vigo e Vilagarcía Basket Cup recibiron o pasado xoves, 30 de maio, a Distinción ao Mérito Deportivo de Galicia, recoñecemento outorgado cada temporada pola Xunta de Galicia a aquelas instititucións e iniciativas que destacan pola súa traxectoria e esforzo continuado en prol do deporte e a actividade física na nosa Comunidade. O xurado encargado de decidir os galardóns desta edición estivo formado por representantes do tecido deportivo galego, dos medios de comunicación e da Secretaría Xeral para o Deporte.

Tanto o Real Club Celta como a Vilagarcía Basket Cup contaron con representación na gala na que se entregaron un total de 37 méritos, e na que tamén tivo o seu propio homenaxe o baloncestista lucense Manel Sánchez. A todos eles, así como ao total dos premiados, a nosa noraboa e felicitación.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram