Real Club Celta despide a temporada do “BABYBASKET”

O Pavillón vigués de Navia culmina este sábado, 30 de maio; a temporada de “BABYBASKET”, programa orientado aos xogadores e xogadoras máis novos e que combina baloncesto e convivencia. 

O peche a esta etapa presente virá da man dunha concentración deportiva (de 16:30 h – 20:00 h, Pavillón de Navia) na que se reunirán 200 xogadores e xogadoras procedentes de diversos equipos, baixo a organización do Real Club Celta Baloncesto e os seus colaboradores e patrocinadores.

Os participantes, de entre catro e oito anos de idade, darán vida á quenda final do “BabyBasket”, proxecto de carácter periódico que suma nesta temporada outras cinco concentracións máis. A deste sábado, a sexta nesta conta particular, será sen dúbida a máis especial.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram