Bonita tarde de homenaxe e baloncesto a vivida o sábado, 19 de xaneiro; en Vigo. Baixo a iniciativa do Real Club Celta Baloncesto, e aproveitando o inmellorable escenario dun duelo galego ante AD Cortegada na Liga Feminina 2, as seleccións galegas infantís e cadetes en categoría feminina recibiron un detalle do equipo anfitrión e do seu público.
Como recoñecemento ao seu papel no recente Campionato de España de Seleccións Autonómicas, disputado en Huelva nos primeiros días de xaneiro; o Real Club Celta, e con el toda a súa afección congregada no Pavillón de Navia nesa data, outogaron un merecido aplausoe homenaxe a ambos os combinados autonómicos que, lembremos, pecharon o citado #KDTINF2019 con medalla de Bronce no caso infantil, e como campioas da categoría preferente en categoría cadete.
A maior parte de xogadoras de ambas as seleccións, acompañadas dos seus cadros técnicos e do Presidente FGB, Francisco Martín; ocuparon a pista de Navia no descanso do encontro ante o A.D.Cortegada. Todas as xogadoras unidas lembraron as vivencias deportivas e persoais recollidas no Campionato e agradeceron ao Celta Baloncesto este agasallo, do que desfrutaron de xeito especial as xogadoras e técnicos celestes que formaron parte das seleccións durante o #KDTINF2019: Noa Padín, Noa Comesaña, Esther Gil, Clara Prieto, Carmen Yánez e o técnico David Bernárdez en categoría cadete; e Yara Costas, Judith Godfrey, Claudia Fiel e Greta Galbán en infantil.
Galicia Infantil Feminina #KDTINF2019
Galicia Cadete Feminina #KDTINF2019