Ratificados os ascensos na 1º División Masculina e 1º Autonómica Feminina

Definida a identidade dos equipos que se adxudican as dúas prazas de ascenso vixentes en 1º División Masculina FGB e 1º Autonómica Feminina FGB, respectivamente.

Tras a solicitude das mesmas por parte de diferentes equipos en tempo e forma, e tras reunión da Comisión Delegada FGB celebrada este pasado luns, 25 de maio; a FGB dá a coñecer o nome dos clubs que se fan con estas prazas e co correspondente ascenso de categoría para a vindeira 2020 – 2021.

En primeira instancia, en categoría feminina son Baloncesto Peleteiro e CB Arxil os equipos que acceden a estas prazas e rubrican así o seu ascenso á 1º División Feminina Grupo Norte para a próxima temporada. Pola súa banda, en masculina, o ascenso a Liga EBA 2020 – 2021 pertence xa a EDM Estradense e Club Baloncesto Costa Ártabra

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram