R.C. Celta Zorka cae nas semifinais da Fase de Ascenso Liga DIA

A posibilidade de cumprir un soño pechouse de xeito negativo esta tarde para Real Club Celta Zorka. O equipo vigués tiña este domingo, nas semifinais da Fase de Ascenso a Liga DIA, a opción de facerse cunha praza na máxima competición, pero a súa derrora ante un potente Campus Promete impediu rematar con ledicia un total de catro días de competición acometidos ao máximo nivel e nos que nunca deixou de pelexar polo obxectivo. 

Encadrado na Grupo 1 da Fase, e compartindo o mesmo con Barça CBS, Ciudad de los Adelantados  e Ynsadiet Leganés, o equipo galego, ten marcado o seu obxectivo nas semifinais, que dan dereito, de vencer, a unha praza directa de ascenso en cada caso. 

Con esta meta, comeza a competición co seguinte calendario (horario insular):  

25/04/19
(12:00 h) Patatas Hijolusa – Campus Promete G2 (43 – 69)

(16:00 h) Añares Rioja ISB ISE – CB Almería G2 (67 – 68)

(18:15 h) RC Celta Zorka – Barça CBS G1 (84 – 79)

(20:15 h) Ynsadiet Leganés – Ciudad de los Adelantados G1 (50 – 69)

26/04/19

(12:00 h) Añares Rioja ISB – Campus Promete G2 (59 – 84)

(16:00 h) ISE CB Almería – Patatas Hijolusa G2 (64 – 58)

(18:15 h) Ynsadiet Leganés – Barça CBS G1 (81 – 65)

(20:15 h) Ciudad de los Adelantados – RC Celta Zorka G1 (52 – 57)

27/04/19

(12:00 h) Patatas Hijolusa vs Añares Rioja ISB G2 (79 – 81)

(16:00 h) Campus Promete vs CB Almería G2 (78 – 50)

(18:15 h) RC Celta Zorka vs Ynsadiet Leganés G1 (74 – 77)

(20:15 h) Barça CBS vs Ciudad de los Adelantados G1 (58 – 71)

28/04/19 – Semifinais. Eliminatorias por unha praza de ascenso en cada caso. 

(18:00 h) RC Celta Zorka – Campus Promete (54 – 85)

(20:00 h) Ciudad de los Adelantados – CB Almería

Máis galegas na Fase

A presenza do baloncesto galego nesta Fase de Ascenso a Liga DIA complétase coa participación da colexiada Laura Piñeiro dentro grupo arbitral da competición. No seu caso, o seu debut nesta cita será ás 20.15 h no encontro correspondente ao Grupo 1 que protagonizarán Laboratorios Ynsadiet Leganés e Ciudad de los Adelantados. 

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram