Quenda para as Fases Clasificatorias Júnior, Cadete e Infantil

Santiago de Compostela acolle esta fin de semana, 7 e 8 de outubro; a rolda final das Fases Clasificatorias en categoría Júnior, Cadete e infantil.

Co premio do ascenso ás 1º divisións correspondentes en xogo en función das categoría, repartindo a competición entre dúas xornadas e tres pavillóns, os aspirantes vivirán un calendario que engloba un total del 20 encontros, cuxo planing remitimos no documento que se achega.

Remarcar que nas Fases Júnior, Cadete e infantil masculina, todos os equipos que venzan os seus encontros obterán praza de ascenso a 1º división.
No caso infantil feminino, os vencedores dos encontros da mañá de sábado faranse tamén co ascenso; deixando unha praza máis en xogo para aquel equipo que venza a eliminatoria definitiva do domingo (12.30 h).

Calendario Fases Clasificatorias Júnior, Cadete e Infantil: 07 – 08/10/17

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram