Quenda final para a Liga Sub 22

A categoría Sub 22 celebra esta fin de semana a súa derradeira concentración de xogo, a que deparará o nome dos campións masculino e feminino.

Repartida a competición en diferentes sedes; os equipos implicados afrontarán en cada caso a correspondente rolda de semifinais e final, incluíndo o partido polo 3º e 4º posto. Os clubs que actuarán como anfitrións son: Club Ourense Baloncesto e Santo Domingo de Betanzos en masculino e Carmelitas Vedruna e C.B. Arxil en feminino.

O calendario definitivo disposto para toda a fin de semana ofrecerá unha completa axenda de encontros, coas súas designacións arbitrais, que xa se pode consultar no documento que achegamos.

Liga Sub 22 – 18 e 19/06/16

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram