Proxecto de Modificación para o Regulamento das Competicións en Minibasket

A Área Deportiva da Federación Galega de Baloncesto comunica a súa intención de someter a estudio e modificación, co obxectivo fundamental de adaptarse á normativa que aplica a FEB nas competicións de minibasket, o vixente Regulamento que rexe as competicións FGB nesta categoría.

En virtude desta decisión, dende a dirección da FGB preténdese facer partícipe a toda a familia do Baloncesto Galego dos posibles cambios que se realicen. Con este propósito, no día de hoxe faise público o documento co proxecto de modificacións sobre o indicado regulamento, incluíndo, á súa vez, as diferenzas que existen en relación co regulamento FIBA.

Dando a coñecer este proxecto os responsables da parcela deportiva convidan aos diferentes clubs galegos a que amosen a súa opinión sobre o mesmo, abrindo no día de hoxe un prazo de 10 días para recoller esas valoracións ou achegas. O enderezo electrónico competiciones@fegaba.com permanecerá dispoñible para esta comunicación.

Proxecto de Modificación Regulamento Minibasket

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram