Protocolo de Protección dos Nenos, Nenas e Adolescentes (NNA) frente a Violencia no Deporte

A Xunta de Galicia, a través do Observatorio Galego de Familia e Infancia, vén de aprobar o Protocolo de protección dos nenos, nenas e adolescentes fronte á violencia no deporte en Galicia. Trátase dunha medida pioneira en Galicia, de obrigado cumprimento para todos os centros que realicen actividades deportivas na comunidade e extensible por tanto a todas as federacións e clubs.

O texto enmárcase na Lei Orgánica de protección integral á infancia e á adolescencia fronte á violencia. Na súa elaboración, o Goberno galego contou coa colaboración da Unión de Federacións Deportivas Galegas (Ufedega) para adaptar o contido á realidade das entidades deportivas e garantir a protección dos menores neste ámbito.

O obxectivo principal é prever as violencias e establecer canles de intervención e protección, convertendo as entidades deportivas como espazos seguros e libres de violencia, promovendo unha contorna de respecto e bo trato. O ámbito de actuación esténdese a todas as situacións da práctica deportiva, como adestramentos, competicións ou calquera evento. Búscase tamén contribuír á detección de posibles casos de violencia no seo da familia.

O protocolo pretende ser máis que unha declaración de intencións e converterse nun recurso práctico, universal e plenamente aplicable tanto para previr como para intervir. Para isto, establece a creación de canles de comunicación en cada unha das entidades para que se poidan formular de maneira confidencial inquietudes, notificacións ou queixas en relación con actos de violencia sobre menores. Non caso de identificarse unha situación de violencia ou de risco, deberá notificarse á autoridade ou servizos sociais correspondentes, ademais de prever un proceso de mediación.

Documento: Protocolo de protección dos nenos, nenas e adolescentes fronte á violencia no deporte en Galicia.

 

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram