Prometedor inicio para o Programa de Tecnificación 2012 – 2013

O Programa de Tecnificación FGB arrincou esta fin de semana con notable éxito de participación nas diferentes convocatorias que se realizaron ao longo de varias cidades galegas.

As categorías premibasket e minibasket estiveron ben representadas en sedes como A Coruña, Bergantiños, Ourense, Lugo e Vigo. A presenza dun alto número de xogadores e xogadoras desas idades permitiu activar as labores de control e seguimento dende a base, así como traballar con todos os participantes os aspectos fundamentais do xogo.

Boa mostra do satisfactorio comezo do Programa de Tecnificación, que cubrirá gran parte da temporada 2012 – 2013 cun completo programa, pode ollarse na súa recén estreada GALERÍA DE IMAXES para esta temporada.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram