A Delegación en Vigo da Federación Galega de Baloncesto convértese na primeira que, nesta nova tempada, realiza os Cursos de Iniciación para Árbitros e Oficiais de mesa.
Entre os días 27 de agosto e 14 de setembro, a Delegación zonal Viguesa acollerá o referido curso de iniciación.
Os inscritos en tempo e forma, deberán presentarse o día 27, ás 19.30 h, nas dependencias da Federación Galega de Baloncesto en Vigo (San Francisco, 49 – 2º Esquerda). Os horarios do curso serán todos os días de 19:30 a 21:30 h.