Programación 2023 – 2024: Seleccións Galegas Minibasket

Tras a recente celebración da Xuntanza Minibasket, cita que tradicionalmente abre a temporada de traballo na configuración das Seleccións Galegas Minibasket, a Área Deportiva FGB confirma e fai pública a programación de concentracións para os combinados autonómicos desta categoría.

O seu novo calendario de traballo 2023 – 2024 iniciarase no mes de decembro para culminar coa chegada do Campionato de España, marcado para o mes de marzo de 2024.

O Formato de convocatorias, así como a tradicional cita co Torneo de Seleccións Minibasket de Carnaval, serán os puntais de traballo deste novo ciclo para as Seleccións Mini.

Compartimos a indicada PROGRAMACIÓN 

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram