Xa se coñece o calendario que afrontarán as Preselección Galegas nas categorías Infantil e Cadete para a presente temporada 2023 – 2024.
A súa dinámica de traballo estenderase de setembro ata a primeira semana de xaneiro, data na que se celebrará, como xa é tradición, o Campionato de España.
A Área Deportiva FGB configurou unha programación a través da cal se materializarán as diferentes convocatorias de xogadores e xogadoras, e se configurarán as Seleccións oficiais que participarán na cita nacional.
Remitimos a indicada Programación para a súa consulta.

