Fin de semana é sinónimo de traballo para o Programa de Tecnificación FGB nos diferentes ámbitos zonais. E este sábado 10 e domingo, 11 de maio, o centro de interese recae nas Delegacións de Santiago, Lugo e Ferrol.
As dúas primeiras zonais prolongarán a habitual estrutura de traballo do Plan de Tecnificación marcado pola Dirección Deportiva FGB, baseando as súas respectivas convocatorias no control e seguimento dos xogadores e xogadoras máis novos.
Pola súa banda, a Delegación de Ferrol celebrará unha sesión de traballo de carácter particular. Viaxando ata a localidade de Ares, reunirá a un total de 41 xogadores, dende a categoría preminibasket ata a infantil, para favorecer que vivan o seu primeiro conctacto co Baloncesto, establecendo así as raíces do mesmo nesta área de influenza.
As tres citas indicadas presentan as seguintes características:
Delegación en Santiago (Santiago) – 10/05/14
Categoría: Minibasket y Preminibasket (2003, 2004 e 2005)
Sede: Pavillón Restollal
Horario:
Preminibasket Masculino 2003, 2004 e 2005: 16:00 h a 17:30 h
Preminibasket Feminino 2003, 2004 e 2005: 17:30 h a 19:00 h
Delegación en Ferrol (Ares) – 10/05/14 – PROMOCIÓN
Categoría: Preminibasket, Minibasket e Infantil.
Sede: Pavillón Municipal de Ares
Horario:
Preminibasket, Minibasket e Infantil: 11:00 h a 12:30 h
Delegación en Lugo (Lugo) – 11/05/14
Categoría: Preminibasket (2004 e 2005)
Sede: Pavillón FRIGSA
Horario:
Preminibasket Masculino e Feminino 2004: 10:30 h a 11:45 h
Preminibasket Masculino e Feminino 2005: 12:00 h a 13:15 h