O minibasket centra de novo a atención dos focos do Programa de Tecnificación FGB. Desta volta, as Delegacións de Ferrol e Ourense acometen este domingo dúas convocatorias máis na busca de completar a súa base de datos en torno a esta categoría.
No primeiro caso, e en réxime aberto, convídase a tomar parte aos xogadores e xogadoras da zona de Ferrol nados no ano 2001. Pola súa banda, en Ourense, a convocatoria, baixo listas pechadas, reunirá a un total de 53 participantes (25 en masculino e 28 en feminino) con idades comprendidas entre os 10 e os 11 anos.
Detallamos a continuación os horarios e os pavillóns escollidos como sede para ambas as citas:
Delegación en Ferrol (Ferrol) – 25/11/12
Categoría: Minibasket (2001)
Sede
Pavillón CEIP Esteiro
Horario
Minibasket Masculino e Feminino (2001): 16:00 h a 17:45 h
Delegación en Ourense (Ourense) – 25/11/12
Categoría: Minibasket (2001 e 2002)
Sede
Pavillón Colexio Salesianos Ourense
Horario
Minibasket Masculino (2001 e 2002): 10:00 h a 11:30 h
Minibasket Feminino (2001 e 2002): 10:00 h a 11:30 h