Programa de Tecnificación: Ourense mantén a actividade

A Delegación en Ourense renova unha fin de semana máis, a segunda de xeito consecutivo, o seu compromiso co Programa de Tecnificación FGB.

Trasladando a habitual cita dos domingos ao sábado, será na xornada de mañá, 9 de febreiro, cando os reponsables deportivos zonais traballen cos xogadores e xogadoras máis novos.

A Delegación abre esta convocatoria ás categorías mini e premini, convidando a achegarse ata ao Pavillón de Salesianos a todos aqueles nenos e nenas que desexen, unha vez máis, aprender e divertirse co Baloncesto.

As horas exactas para cada categoría das indicadas quedan establecidas do seguinte xeito:

Delegación en Ourense – 09/02/13

Categoría
Minibasket (2001 – 2002) e Preminibasket (2003 – 2004)

Sede
Pavillón Salesianos Ourense (Pistas 1 e 2)

Horario
Preminibasket Masculino: 11.30 h a 13.00 h
Preminibasket Feminino: 11.30 h a 13.00 h
Minibasket Masculino: 10.00 h a 11.30 h
Minibasket Feminino: 10.00 h a 11.30 h

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram