
O traballo de promoción e tecnificación das delegacións zonais FGB vivirá esta fin de semana, a última de abril, a súa etapa máis intensa no que levamos de ano 2012. Caldas, Santiago de Compostela, Lorenzana e Tomiño convertiranse en escenario de diferentes Centros de Tecnificación nos que a convocatoria permanece aberta. Todos os xogadores máis novos destas zonas están convidados.
O Planning para a fin de semana, destacando un atractivo “Torneo 3×3” no Concello de Tomiño, preséntase como segue:
Delegación en Arousa: Caldas, 28/04/12
Categorías: minibasket e preminibasket masculina e feminina.
Sede
Pavillón Municipal
Horario
16.30 h: minibasket e preminibasket masculina e feminina.
Delegación en Lugo: Lorenzana, 29/04/12
Categorías: minibasket e preminibasket masculina e feminina.
Sede
Pavillón Lorenzana
Horario
17.00 h:preminibasket masculina e feminina
18.30 h:minibasket masculina e feminina.
Delegación en Santiago: Santiago, 29/04/12
Categorías: infantil masculina e minibasket masculina e feminina.
Sede
Pavillón Lorenzo de la Torre
Horario
10.00 h a 11.30 h: infantil masculina
12.00 h a 13.30 h: minibasket masculina e minibasket feminina.
Delegación en Vigo: Tomiño, 29/04/12
Categorías: Torneo 3×3 preminibasket, minibasket e infantil masculina e feminina.
Sede
Pavillón de Carballa
Horario
10.30 h – 13.00 h: preminibasket, minibasket e infantil masculina e feminina.
A colaboración do Concello de Tomiño e dos pais dos diferentes xogadores será vital para levar a cabo este Torneo, concebido como peche da actividade de promoción na zona de Tomiño nesta Temporada. Como perfecto fin de festa a case seis meses de traballo, non faltarán a diversión e os agasallos para todos os nenos.