Maio está a ser intenso no que ao traballo de tecnificación se refire, abrindo a que promete ser unha completa recta final para este Programa Deportivo da FGB.
De novo espallando a acción por diferentes localidades da xeografía galega, as convocatorias dos CETIs zonais gañan peso na fin de semana, desta volta da man das Delegacións de Santiago e Lugo.
Cubrindo na axenda tanto a xornada do sábado 24 como a domingo 25, a súa programación preséntase así:
Delegación en Lugo (Sarria) – 24/05/14
Categoría: Minibasket e Preminibasket (2002, 2003, 2004 e 2005)
Sede: Pavillón Novo Chanto
Horario:
Minibasket Masculino e Feminino (2002 e 2003): 10:30 h a 12:00 h
Preminibasket Masculino e Feminino (2004 e 2005): 12:00 h a 13:30 h
Delegación en Santiago (Boiro) – 25/05/14
Categoría: Minibasket e Preminibasket (2002, 2003, 2004 e 2005)
Sede: Pavillón Santa Baia
Horario:
Minibasket Masculino e Feminino (2002 e 2003): 16:00 h a 17:30 h
Preminibasket Masculino e Feminino (2004 e 2005): 17:30 h a 19:00 h