Programa de Tecnificación FGB: Convocatoria autonómica na xornada dominical

A Área Deportiva FGB cumpre este domingo, 10 de febreiro, unha nova etapa do seu programa de Tecnificación a nivel autonómico. Coa celebración de catro PDCs, baixo o formato de adestramentos, reunirá na localidade de A Estrada (Pavillón Manuel Coto Ferreiro) a catro grupos de xogadores das xeracións 2008 e 2009.

Repartindo a carga de traballo nas quendas horarias da mañá e da tarde, a axenda para cada categoría, da que achegamos tamén os listados de xogadores e xogadoras convocadas, preséntase como segue:

PDC Autonómico 2008 Masculino: de 10.00 h a 12.00 h.

PDC Autonómico 2008 Feminino: de 12.00 h a 14.00 h.

PDC Autonómico 2009 Masculino: de 16.00 h a 18.00 h.

PDC Autonómico 2009 Feminino: de 18.00 h a 20.00 h.

PDC 2008 Masculino: 10/02/19
PDC 2008 Feminino: 10/02/19
PDC 2009 Masculino: 10/02/19
PDC 2009 Feminino: 10/02/19

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram