Programa de Tecnificación FGB: a xeración 2008 de novo a escena

A vila de Portosín acolle este venres, 17 de maio; uno nova cita co formato PDC de ámbito autonómico. A xeración 2008 será a protagonista de novo dunha xornada de traballo repartida en quenda de mañá e tarde, e que terá como escenario o Pavillón David Vidal e como colaborador ao Club Baloncesto Porto do Son. 

Un total de 16 xogadoras e outros tantos xogadores estarán nesta ocasión dirixidos por catro técnicos colaboradores FGB: Rubén Vigo (Porriño Baloncesto Base) e Hugo Pérez (Obradoiro CAB) en categoría masculina; e Juan Carlos Paz Cores (Xuventude Cambados) e Zaida Iglesias (Estudiantes Lugo) en feminino.

A lista de xogadores e xogadoras que estarán este venres ás súas ordes pode consultarse nos documentos que achegamos.

17/05/2019

Sede: Portosín (Pavillón David Vidal)

PDC Autonómico 2008 – Grupo Masculino: 10.00 h a 12.00 h e 16.00 h a 18.00 h.

PDC Autonómico 2008 – Grupo Feminino: de 12.00 h a 14.00 h e 18.00 h a 20.00 h.

PDC 2008 – Feminino: 17/06/19
PDC 2008 – Masculino: 17/06/19

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram