A parcela deportiva da Delegación de Ferrol celebra este domingo a súa segunda convocatoria no campo da tecnificación nesta 2011 – 2012. A atención centrarase no control da evolución dos xogadores máis novos.
Na zona sur, será a zonal viguesa, auténtica protagonista continuada do traballo de tecnificación, a encargada de reunir aos xogadores e xogadoras minis da localidade de Tui para, xunto a eles, concluír o ciclo de traballo técnico.
A axenda para este domingo, 20 de maio, é a seguinte:
Delegación en Ferrol: Ferrol, 20/05/12
Categorías: minibasket masculino e feminino
(nenos e nenas nados no ano 2001)
Sede
Pavillón do CEIP Esteiro.
Horario
17.00 h – 18.30 h
Delegación en Vigo: Tui, 20/05/12
Categorías: minibasket masculino e feminino.
Sede
Pavillón de Tui.
Horario
10.30 h – 13.00