Programa de Tecnificación: Ferrol e Ponteareas na axenda deste domingo

A Delegación de Ferrol súmase ao traballo de Tecnificación e abre para este domingo, seis de maio, unha convocatoria de categoría premini, sesión que se estenderá ao longo de toda a tarde.

Pola súa banda, a zonal viguesa pechará en Ponteareas o seu ciclo de promoción do Baloncesto nesta vila para a temporada 2011 – 2012. Un Torneo “3×3”, tamén a celebrar o domingo, servirá de perfecto fin de festa.

A axenda concreta deste domingo preséntase como segue:

Delegación en Ferrol: Ferrol, 06/05/12

Categorías: preminibasket masculino e feminino (nenos nados nos anos 2002, 2003 e 2004)

Sede
Pavillón do CEIP Esteiro.

Horario
16.00 h – 17. 15 h: nenos e nenas nados no 2004.
17.30 h – 18. 45 h: nenos e nenas nados no 2003.
19.00 h – 20. 15 h: nenos e nenas nados no 2002.

Delegación en Vigo: Ponteareas, 06/05/12

Categorías: Torneo 3×3 preminibasket, minibasket, infantil e cadete.

Sede
Pavillón Álvaro Pino.

Horario
10.30 h – 13.00 h: preminibasket, minibasket, infantil e cadete.

De novo, a colaboración das institucións locais, neste caso o propio Concello de Ponteareas, contribúen á promoción do basket que a Delegación en Vigo está a realizar, de xeito ben continuado, dende o inicio da temporada.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram