Programa de Tecnificación: axenda para a fin de semana

As Delegacións Zonais de Santiago e Lugo abren o mes de marzo no que ao traballo de tecnificación se refire. Traspasado xa o ecuador do programa deportivo FGB nesta área, ambas as Delegacións son as encargadas de iniciar a recta final, diversificando o seu interese entre as diferentes categorías base.

Con este obxectivo, e lembrando que as convocatorias permanecen abertas para todos aqueles xogadores e xogadoras que desexen participar, o plan de actividades para esta fin de semana é o seguinte:

Delegación en Santiago (Santiago de Compostela) – 02/03/13

Categoría
Infantil (2000) e Cadete (1998). Masculina e Feminina.

Sede
Pavillón Lorenzo de la Torre

Horario
Cadete Masculino: 16.30 h a 17.30 h
Cadete Feminino: 17.30 h a 18.30 h
Infantil Feminino: 18.30 h a 19.30 h
Infantil Masculino: 19.30 h a 20.30 h

Delegación en Lugo (Lugo) – 03/03/13

Categoría
Minibasket (2002) e Preminibasket (2003 e 2004). Masculina e Feminina.

Sede
Pavillón Frigsa

Horario
Minibasket (2002): 10.30 h a 12.00 h
Preminibasket (2003 e 2004): 12.00 h a 13.30 h

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram