Control, seguimento e avaliación. Tres alicerces fundamentais do Programa de Tecnificación FGB regresan este domingo a actualidade federativa grazas á convocatoria de dous CETIS Autonómicos orientados a xogadores e xogadoras nados no ano 2002.
En paralelo e como reforzo ao traballo realizado polos responsables das Preseleccións Galegas, un cadro técnico de seis adestradores está citado este domingo, 25 de xaneiro, para guiar a un grupo de 16 nenos e 16 nenas da indicada categoría preinfantil (2002).
Deste xeito, en quenda de mañá (de 12:00 h a 14:00 h) e tarde (18:00 h a 20:00 h) o grupo masculino comparecerá en Vilagarcía (Fexdega) dirixido por Cristino Menor (Estudiantes Lugo), Marcos Pereira (Blanco Amor) e Javier Román (Seis do Nadal). Pola súa banda, en feminino, Iago Palmeiro (Obradoiro CAB), María Álvarez (Pabellón Ourense) e Beatriz Gómez (Maristas Coruña) reuniranse en A Estrada coas xogadoras.
A lista completa dos protagonistas deportivos pode consultarse, en ambos casos, nos documentos que se achegan.
CETI Autonómico 2002 Masculino: 25/01/15
CETI Autonómico 2002 Feminino: 25/01/15