Programa de Tecnificación: as Delegacións de Vigo e Ferrol repiten protagonismo

Continúa activo o Programa de Tecnificación da FGB nesta fin de semana, na que repiten convocatoria, de xeito consecutivo, as Delegacións de Ferrol e Vigo, esta última por partida dobre.

Competición “3×3”, traballo de mellora e supervisión da evolución dos xogadores máis novos serán conceptos que formen parte do menú para este sábado e domingo. Contando con estes ingredientes, a axenda desta fin de semana queda establecida como segue:

Delegación en Vigo: Oia, 26/05/12 – Torneo “3×3” – Peche de temporada

Categorías: preminibasket, minibasket e infantil.

Sede
Pavillón de Municipal

Horario
10.00 h – 13.00 h

Delegación en Vigo: Tui, 27/05/12 – Traballo de Mellora Técnica

Categorías: preminibasket.(nenos e nenas nados nos anos 2002, 2003 e 2004)

Sede
Pavillón de Tui.

Horario
10.30 h: categorías masculinas.

11.45 h: categorías femininas.

Delegación en Ferrol: Ferrol, 27/05/12

Categorías: infantil (nenos e nenas nados no ano 1999)

Sede
Pavillón do CEIP Esteiro.

Horario
17.00 h – 19.00 h

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram