Programa de Tecnificación: as categorías cadetes e infantís á escea

As Delegacións FGB en Vigo e Ourense abren o seu traballo de tecnificación ás categorías infantil e cadete. Seguindo a ruta iniciada pola Delegación Lucense, primeira en celebrar CETI con estas idades, son agora estas dúas zonais as que convocan a xogadores e xogadoras cadetes e infantís (ambos de primeiro ano) a tomar parte este domingo, 16 de decembro, de novos CETIS.

O seu obxectivo: realizar seguimento e control de aqueles rapaces e rapazas con opcións de, nun futuro, incluirse na dinámica das preseleccións galegas.

Delegación en Vigo (Tui) – 16/12/12

Categoría: Cadete (1998) e Infantil (2000)

Sede
Pavillón Municipal de Tui

Horario
Cadete Masculino: 16.00 h
Infantil Masculino: 17.00 h
Infantil Feminino: 18.30 h
Cadete Feminino: 19.45 h

Delegación en Ourense (Ourense) – 16/12/12

Categoría: Cadete (1998) e Infantil (2000)

Sede
Pavillón Campus Universitario

Horario
Infantil Masculino: 16:00 h a 17:15 h
Cadete Masculino: 17:15 h a 18:45 h
Infantil Feminino: 18:45 h a 20:00 h

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram