Programa de Tecnificación: a zona de Barbanza suma esforzos

O Responsable Deportivo da FGB, Carlos Colinas; acompañado polo Responsable Técnico da Delegación en Santiago, Iago R. Palmeiro; desprazouse este sábado, 26 de outubro, ata a localidade de Boiro co obxectivo de tratar cos clubs do Barbanza a súa ligazón co traballo de tecnificación FGB.

Coa participación de representantes dos clubs de Noia, Pobra, Porto do Son, Riveira e da propia localidade de Boiro; Colinas e Rodríguez amosaron a súa intención de articular a futura celebración de Centros de Tecnificación e Captación orientados en exclusiva a esta zona. 

As sensacións e valoracións extraída pola Área deportiva FGB tras esta xuntanza mídense en termos positivos, establecendo un importante punto de encontro entre todas as partes, sempre coa meta final da integración completa no Programa de Tecnificación FGB 2013 – 2014 dos xogadores, xogadoras e adestradores desta zona xeográfica.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram