Programa de Tecnificación 2023 – 2024

A Área deportiva FGB traslada o calendario mensual para o Programa de Tecnificación e Seguimento 2023 – 2024.

Un total de nove meses de traballo completan unha axenda que recolle diferentes actividades para as categorías Premini, Minibasket, Infantil e Cadete. Nela mantéñense as citas cos formatos xa tradicionais dos PDCs, a “Harmonización” e a “Xuntanza”. Trátase dunha programación que será posible grazas á colaboración indispensable dos clubs e dos sete Responsables Deportivos Zonais FGB.

Co avance dos meses perfilaranse as datas exactas para cada actividade.

Consulta o indicado Programa de Tecnificación e Seguimento 2023 – 2024.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram