Programa de Tecnificación 2013 – 2014: plan de traballo

A Federación Galega de Baloncesto continúa a apostar polo seu Programa de Tecnificación para o Baloncesto Base nesta temporada 2013 – 2014, cuxo inicio está xa marcado para o presente mes de outubro.

Esta parcela de traballo técnico – itinerante cos xogadores e xogadoras máis novos de toda Galicia afronta unha nova etapa na que volve a asentar as súas bases baixo a tutela de diferentes técnicos zonais FGB, adscritos, á súa vez, ao control directo do Responsable Deportivo FGB, Carlos Colinas.

A estrutura de Centros de Tecnificación (CETIS) continúa a estar tamén articulada en dous ámbitos xeográficos diferentes que, en conxunto, reforzarán o traballo. Así, realizaranse numerosas convocatorias de carácter zonal e de carácter autonómico, conxugando as posibilidades de ambas e rendabilizando as mesmas.

Xornada de Harmonización
Igualmente, e tras a súa exitosa primeira edición celebrada a pasada temporada, dende a Área Deportiva FGB estase a traballar para poder organizar unha nova “Xornada de Harmonización”, na que analizar o baloncesto base dende as súas numerosas perspectivas e na que facer visible o traballo anual e as conclusións recollidas a través dos CETIS.

Todas estas actividades atópanse reflectidas no PROGRAMA ANUAL DE TECNIFICACIÓN 2013 – 2014, documento froito do labor de planificación dos mandos deportivos FGB e que se achega a continuación para a súa consulta.

Programa Anual Tecnificación 2013 – 2014

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram