Horas antes da estrea oficial do Programa de Tecnificación 2013 – 2014, destinado ás categorías base, as Delegacións Zonais FGB ultiman os detalles deportivos que permitirán levalo a cabo.
Atendendo ao estipulado no Plan Anual de traballo da Área Deportiva FGB, catro das nosas sete Delegacións Zonais inauguran esta fin de semana o Programa de Tecnificación 2013-2014, ámbito no que a Federación Galega traballa intensamente dende fai xa cinco temporadas.
Mantendo e Revitalizando o seu carácter itinerante, o Programa Técnico deseñado para a actual temporada dá comezo neste mes de outubro baixo a tutela de diferentes resposables deportivos zonais, os cales manterán contacto directo cos clubs galegos e citarán a xogadores e xogadoras de toda Galicia a participar de diferentes xornadas.
As primeiras divisións zonais FGB en emprender a marcha son as de Ourense, A Coruña, Lugo e Ferrol, repartindo e estruturando as súas convocatorias do seguinte xeito:
Delegación en Ourense
19/10/13
Categoría
Minibasket (2002 – 2003)
Sede
Pavillón Colegio Maristas Ourense
Horario
Minibasket femenino: 10:00 h a 11:30 h
Minibasket masculino: 11:30 h a 13:00 h
20/10/13
Categoría
Infantil (2001)
Sede
Pavillón Campus Universitario Ourense
Horario
Infantil masculino: 10:00 h a 11:45 h
Infantil feminino: 12:00 h a 13:45 h
Delegación en Coruña
19/10/13
Categoría
Preminibasket masculino e feminino (2005)
Preminibasket masculino e feminino (2004)
Minibasket masculino e feminino (2003)
Sede
Pavillón Agra 2
Horario
Preminibasket masculino e feminino: 16:00 h a 18:00 h
Preminibasket masculino e feminino: 16:00 h a 18:00 h
Minibasket masculino e feminino: 18:00 h a 20:00 h
20/10/13
Categoría
Minibasket (2002)
Infantil (2001)
Sede
Pavillón Sagrada Familia
Horario
Minibasket masculino e feminino: 16:00 h a 18: 00 h
Infantil masculino e feminino: 18:00 h a 20:00 h
Delegación en Lugo – 20/10/13
Categoría
Infantil (2001)
Minibasket (2002 – 2003)
Preminibasket (2004 – 2005)
Sede
Pavillón Frigsa
Horario
Infantil masculino e feminino: 10:00 h a 11:15 h
Minibasket masculino e feminino: 11:30 h a 12:45 h
Preminibasket masculino e feminino: 12:45 h a 14: 00 h
Delegación en Ferrol – 20/10/13
Categoría
Preminibasket (2004 – 2005)
Minibasket (2003)
Sede
Pavillón Casa do Deporte
Horario
Preminibasket masculine e feminino: 16:30 h a 18:00 h
Minibasket masculino e feminino: 18:00 h a 19:30 h