Programa de Detección e Control: Traballo intenso para pechar 2017

Actividade frenética a destas datas de Nadal para o Programa de Control e Seguimento FGB. Durante as xornadas previas ao remate do ano 2017, diferentes categorías de idade de xogadores e xogadoras citados baixo convocatoria pechada están a adestrar e realizar traballo de avaliación deportiva en varios puntos da nosa Comunidade Autonóma, e mesmo fora das nosas fronteiras.

Un completo calendario, estruturado previamente para poder contar con técnicos e adestradores colaboradores en cada unha das convocatorias, deixa un total de 4 convocatorias, repartidas do seguinte xeito:

PDC 2003 (masculino e femenino)

27-28/12/17 (Torneo de Aveiro. Portugal)

PDC 2005 (masculino e femenino)

27/12/17. Adestramentos. (A Estrada)

PDC 2007 (masculino e femenino)

28/12/17. Adestramentos. (Portosín)

PDC 2008 (masculino e femenino. Grupo Norte e Grupo Sur)

28/12/17/. Adestramentos. (A Estrada)

Nos documentos que achegamos poden consultarse as listas de xogadores xogadoras chamados a participar en cada caso.

PDC 2003 – Feminino
PDC 2003 – Masculino
PDC 2005 – Feminino
PDC 2005 – Masculino
PDC 2008 – Feminino Norte
PDC 2008 – Feminino Sur
PDC 2008 – Masculino Norte
PDC 2008 – Masculino Sur
PDC 2007 – Feminino
PDC 2007 – Masculina

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram