A Federación Galega de Baloncesto, tras recepción de acta 13/10/22 da Xunta Electoral das Eleccións a Asembleístas, Presidente e Comisión Delegada 2022; publica un NOVO calendario electoral, aprobado e selado pola Xunta de Galicia, e con importantes modificacións.
O traslado deste novo Calendario responde á resolución emitida pola Secretaría Xeral para o Deporte (SXD) e notificada á Xunta Electoral no día de onte, 13 de outubro; mediante a cal se corrixe un erro observado na resolución previa da propia SXD datada o 11 de outubro. Nesta liña, en virtude da resolución definitiva, a Secretaría Xeral para o Deporte aproba a modificación do calendario electoral da Federación Galega de Baloncesto fixando unha nova data para a xornada electoral: o 28 de novembro de 2022.
Voto por correo
A Xunta electoral FGB comunica tamén a través da presente acta importantes puntos respecto ao voto por correo, cuxo prazo para a súa SOLICITUDE iníciase dende xa mesmo: 14 de outubro.
Solicítase lectura detida tanto do novo Calendario como das propias Acta 13/10/22 da Xunta Electoral e resolución da Secretaría Xeral para o Deporte.