Proceso Electoral FGB: Cita coas eleccións á asembleístas 2022 – 2026

A Federación Galega de Baloncesto dá este luns28 de novembro; un paso importante no marco do seu Proceso Electoral 2022 – 2026.

Nesta data celebramos as votacións para a Elección de Asembleístas, acción rexistrada no calendario e no regulamento aprobados pola Xunta de Galicia para este proceso.

A votación realizarase de 16:00 h a 20:00 h de xeito ininterrompido. Todos os electores e electoras chamados ás urnas deberán votar na sede da delegación pola que estea domiciliada a entidade deportiva que representan. No caso dos árbitros-xuíces deberán facelo na delegación na que teñan adscrita a súa licenza.

As mesas electorais estarán ubicadas nas seguintes localizacións:

Circunscrición da Coruña

Santiago de Compostela: Estadio Multiusos de San Lázaro – Porta 14

A Coruña: Rúa de San Andrés, 139 – 9º.

Ferrol: Avenida Castelao s/n. Casa do Deporte.

Circunscrición de Lugo

Lugo: Avenida da Infanta Elena s/n.

Circunscrición de Pontevedra

Vigo: Avenida Hispanidad, 75. 1º Derecha.

Vilagarcía: Arzobisbo Lago, 17 – Entlo. B

Circunscrición de Ourense

Ourense: Estadio do Couto.

Todos os detalles e requirimentos deste proceso, tanto para os electores como para o propio funcionamento das mesas electorais, poden consultarse polo miúdo no Regulamento Electoral FGB.

Calendario Electoral FGB 

Reglamento Electoral FGB 2022 – 2026

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram