Proceso Electoral FGB: Acta de Proclamación Definitiva da Presidencia FGB e Comisión Delegada

A proclamación definitiva de Presidencia e Comisión Delegada FGB encamiñan o remate do proceso electoral FGB, o cal se pechará coa toma de posesión oficial por parte do novo Presidente, a cal terá lugar ao longo deste mesmo xoves, 16 de febreiro. 

A Federación Galega de Baloncesto remite Acta – 15/02/23 da Xunta Electoral FGB mediante a cal proclama de xeito definitivo a Julio Bernárdez Álvarez como Presidente para a lexislatura 2022 – 2026. 

Na citada acta confírmase tamén aos membros da Comisión Delegada que resultaron elixidos na Asemblea Xeral FGB celebrada o pasado mércores, 8 de febreiro. Estes son:

– Estamento de Clubs: CB Val de Lemos Porriño Baloncesto Base e EDM Estradense.

– Estamento de Deportistas: Jose Antonio Vázquez Vázquez.

– Estamento de Adestradores: Javier Cotelo Rama.

– Estamento de Árbitros e Xuíces: Jaime Álvarez – Ossorio Varela.

Acta Xunta Electoral – 15/02/23

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram