Proceso Electoral FGB: A Asemblea, citada este mércores para a elección de Presidente e Comisión Delegada

A Federación Galega de Baloncesto cumpre este mércores, 8 de febreiro; o paso máis trascendente do seu proceso electoral: a Asemblea Xeral para a elección do Presidente e da nova Comisión Delegada 2022 – 2026

Os 72 asembleístas están citados ás 18:00 h no Hotel Oca Puerta del Camino de Santiago para exercer o seu dereito ao voto. A primeira elección en levarse a cabo será a presidencial entre os tres candidatos proclamados oficialmente pola xunta electoral: Javier Cotelo Rama, Rafael Silva Agregán e Julio Bernárdez Álvarez.

A celebración desta asamblea continúa a cumplir os estadios do Proceso Electoral FGB 2022 -2026, cuxa información, documentación completa e traxectoria poden consultarse AQUÍ.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram