Proceso Electoral FGB 2022: Suspensión do voto presencial e anulación do voto por correo

A Federación Galega de Baloncesto remite Actas – 14/09/22 e 15/09/22 da Xunta Electoral das elección á Presidente, Asembleístas e Comisión Delegada FGB 2002.

Ambos documentos especifican os últimos acordos desta Xunta, os cales son determinantes para resolver:

  • A suspensión do voto presencial convocado para o día 19 de setembro e a anulación do voto por correo retrotraendo as actuacións ata o momento de finalización do prazo de solicitude.
  • Modificación do Calendario Electoral.
  • Información sobre resolución de Recursos presentados ante o CGXD.

En virtude da importancia destas resolucións solicitamos a detida lectura de ambas as actas e do que nelas se especifica en relación a cada punto indicado.

Así mesmo, na seguinte ligazón poden consultarse o total de ACTAS emitidas pola Xunta Electoral deste proceso de eleccións 2022 dende o inicio do mesmo.

Acta Xunta Electoral 14-09-22
Acta Xunta Electoral 15-09-22

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram