Proceso Electoral FGB 2022: Censos Iniciais

Achegamos información e documentos precisos para a consulta dos Censos Iniciais para o Proceso Electoral FGB 2022. 

Consultas

O acceso aos Censos Iniciais FGB debe realizarse de dúas formas segundo a categoría a consultar:

  • Para os censos relativos aos estamentos de Técnicos, Árbitros e Xogadores a consulta debe tramitarse a través da seguinte LIGAZÓN mediante indentificación previa.
  • O censo relativo a Entidades Deportivas pode consultarse no documento pdf que achegamos.

Reclamacións

  • As persoas físicas que desexen realizar presentacións de aclaracións, rectificacións ou reclamacións aos censos deben facelo vía mail (secretaria@fegaba.com) mediante escrito remitido á xunta directiva, que valorará os escritos presentados procedendo, no seu caso, a emenda ou corrección do censo inicial.
  • As Entidades Deportivas que o desexen poden solicitar que figure como representante da mesma e como votante unha persoa distinta ao presidente, sempre que sexan directivos desa mesma entidade.
  • A data para realizar as actuacións e reclamacións que previamente indicadas remata o 16 de marzo de 2022. 

Decreto

Remitimos tamén para a súa consulta o DECRETO 171/2021, do 23 de decembro, no que se establecen as bases e os criterios definitivos para a elaboración dos Censos e Regulamentos que deben rexer a realización dos procesos electorais nas federacións deportivas galegas.

DECRETO 171/2021 – (23/12/21)
Proceso electoral 2022 – Censo Inicial Entidades Deportivas

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram