As preseleccións galegas retornan á actualidade, aproveitando as datas festivas para recuperar a súa programación e afianzar os equipos de cara a próximas citas, tanto amigables como oficiais.
Compartindo sede, pero en diferente data, saltarán á pista na fin de semana as preseleccións infantís. O Pavillón do Instituto Rosalía de Castro será testemuña da súa evolución e do bo facer de cada unha delas.
Pola súa banda, en categoría cadete descansan as xogadoras de Cristina Cantero e afrontan tripla sesión de adestramento os xogadores convocados por Fernando Buendía, cuxos nomes, así como os dos seus compañeiros e compañeiras infantís, poden consultarse nos documentos que se achegan.
Estrea para as Preseleccións Minis
Tras a información recollida polos responsables zonais nos diferentes Centros de Tecnificación e de Seguimento, a área deportiva da FGB pon en marcha a primeira convocatoria da temporada para a categoría minibasket.
Distribuídos en diferentes quendas de adestramento, xogadores e xogadoras chegados de distintos puntos da nosa xeografía tomarán contacto cos Seleccionadores e terán a ocasión de exercitarse baixo a dinámica FGB. A data: este domingo 9, en Compostela.
Programación
O Mapa completo de concentracións para as vindeiras datas reflicte o seguinte:
Preselección Infantil Feminina
Santiago de Compostela. 09/12/12
Pavillón Rosalía de Castro
Preselección Infantil Masculina
Santiago de Compostela. 08/12/12
Pavillón Rosalía de Castro
Preselección Cadete Masculina
A Estrada. 06/12/12
Pavillón Municipal Manuel Coto Ferreiro
Noia. 08-09/12/12
Pavillón Alonso Rodríguez
Preselección Minibasket Masculina
Santiago de Compostela. 09/12/12
Pavillón Compañía de María
Preselección Minibasket Feminina
Santiago de Compostela. 09/12/12
Pavillón Compañía de María