Primeira xornada para o Programa de Detección e Control

A Área Deportiva FGB comeza este domingo, 17 de setembro; un novo programa de detección e control (PDC), que toma como referencia aos xa consolidados Centros de Tecnificación.

 

Arrincando no ámbito zonal, con convocatorias diferenciadas en cada unha das sete Delegacións FGB, a dirección técnica FGB dá o primeiro paso da temporada na importante tarefa de avaliación dos xogadores e xogadoras de base pertencentes a toda Galicia.

Contando cunha importante rede de adestradores colaboradores en cada zona xeográfica, e inaugurando un ciclo de traballo que se estenderá ata o vindeiro mes de xuño de 2018, a axenda dominical preséntase baixo estes requisitos:

Delegación Arousa – 17/09/17 (Marín)
Sede: Pavillón A Raña
Categorías:
2006 feminino: 16.00 h a 17.15 h (convocatoria pechada).
2006 masculino: 17.15 h a 18.30 h (convocatoria pechada).

Delegación Coruña – 17/09/17 (A Coruña)
Sede: Agra II
Categorías:
2006 feminino: 16.30 h a 18.00 h (convocatoria pechada).
2006 masculino: 18.15 h a 19.45 h (convocatoria pechada).

Delegación Ferrol – 17/09/17 (Ferrol)
Sede: Casa do Deporte.
Categorías:
2006 feminino: 16.30 h a 18.00 h (convocatoria aberta).
2006 masculino: 18.00 h a 19.30 h (convocatoria aberta).

Delegación Lugo – 17/09/17 (Lugo)
Sede: Pavillón Anexo 1
Categorías:
2006 e 2007 masculino: 10.00 h a 11.45 h (convocatoria pechada).
2006 e 2007 feminino: 12.00 h a 13.45 h (convocatoria pechada).

Delegación Ourense – 17/09/17 (Ourense)
Sede: Colexio Maristas
Categorías:
2006 feminino: 17.00 h a 18.30 h (convocatoria pechada).
2006 masculino: 18.30 h a 20.00 h (convocatoria pechada).

Delegación Vigo – 17/09/17 (Vigo)
Sede: Colexio Mariano
Categorías:
2006 feminino: 16.00 h a 17.15 h (convocatoria pechada).
2006 masculino: 17.15 h a 18.30 h (convocatoria pechada).

Delegación Santiago – 17/09/17 (Santiago de Compostela)
Sede: Pavillón Compañía de María
Categorías:
2006 masculino: 11.00 h a 12.30 h (convocatoria pechada).
2006 feminino: 12.30 h a 14.00 h (convocatoria pechada).

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram