O Director Técnico do Comité Galego de Árbitros, Miguel Ángel Pérez; guiará este mércores, 10 de outubro, a primeira reunión persoal da temporada para o seu grupo de colaboradores e coordinadores zonais.
O responsable máximo do CGAB trasladaralle no transcurso desta xuntanza a análise das tarefas que xa se están a realizar na dinámica de cada Comité Zonal, así como aquelas previstas para implementar ou por en marcha en vindeiras datas.
Igualmente, a estrutura de cursos de formación, facendo especial fincapé no formato “on line”, centrará tamén a orde do día da reunión.