Presenza galega nas Designacións FIBA da clasificación do Europeo 2017

Os colexiados galegos Miguel Ángel Pérez e Carlos Cortés figuran de novo nas designacións FIBA de cara ao clasificatorio para o Europeo 2017. Esta rolda previa á gran cita deportiva do ano que vén terá lugar o vindeiro mes de setembro e na mesma estarán presentes ambos os dous colexiados.

O Director Técnico do Comité Galego de Árbitros, Miguel Ángel Pérez; e o tamén colexiado internacional Carlos Cortés afrontarán a seguinta axenda:

Miguel Ángel Pérez 

Bélgica Vs Islandia – 07/09/16
Suecia vs Bosnia Herzegovina – 14/09/2016
Portugal vs Polonia – 10/09/16

Carlos Cortés
Eslovenia vs Ucrania – 03/09/16
Gran Bretaña vs Hungría – 10/09/16

A presenza de ambos nesta cita  de inicio de temporada virá seguida da súa participación noutras competicións de alto nivel xa durante este mes de xullo: o Europeo SUB 20 División B, celebrado en Grecia e do que vén de regresar Cortés; e os encontros amigables da Selección Española Masculina, nos que tomou parte Pérez Pérez (España – Venezuela e España – Costa de Marfil).

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram