Os vindeiros días 21, 22 e 23 deste mes as Seleccións Españolas U18 3×3 tanto masculina como feminina disputarán o FIBA 3×3 European Championships en Bielorrusia.
Nesta ocasión a Selección U18 Feminina 3×3 contará con representación galega por medio da xogadora Paula Ginzo (Siglo XXI) para disputar o Europeo que se celebrará en Minsk (Bielorrusia) nestes vindeiros días segundo o seguinte calendario:
21/08 – 16:00 – España-Eslovaquia
21/08 – 19:40 – España-Bélgica
22/08 – 15:50 – España-Italia
22/08 – Cuartos de Final
23/08 – Semifinal
23/08 – Final