Presenza galega na Convocatoria FEB de Talentos U13M

O mes de maio arrinca coa convocatoria dun xogador da nosa Comunidade cos Talentos Masculinos U13 da Federación Española de Baloncesto. O protagonista: o alero do E.B. Xiria, Enrique Melini Pose.

A Federación Española de Baloncesto vén de comunicar o importante evento que a xeración de “Talentos U13 ” acometerá esta mesma fin de semana que se achega na localidade de Tres Cantos. Trátase dunha cita para a que a área técnica da FEB contará co xogador galego Enrique Melini (E.B. Xiria).

Concentrado no indicado municipio madrileño de Tres Cantos, e baixo a dirección de Josep Mª Planas, Melini desputará xunto aos seus once compañeiros o “VI Memorial Pablo Barbadillo”, competición que se extenderá do 3 ao 5 de maio.

Talentos U13M – Convocatoria Completa.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram