Presentación oficial para o Club Baloncesto Arxil 2013-2014

O C.B. Arxil presentou este xoves, 6 de marzo; de xeito oficial, aos seus equipos da presente tempada. Na pista do Centro Galego de Tecnificación Deportiva reuníronse as máis de 200 xogadoras de todas as idades que compoñen este curso a familia do club verde.

Congregáronse así as súas formacións en diferentes categorías: dúas en sénior -Liga Feminina 2 e Arxil Mafari Café de Primeira Autonómica-, unha júnior, dúas cadetes, cinco infantís, tres de minibasquet, dúas de preminibasquet e ao redor dunha treintena de integrantes en categoría babybasquet.

O citado pavillón do Centro Galego de Tecnificación Deportiva, habitual escenario da maioría dos encontros do C.B. Arxil, contou tamén nesta presentación coa presenza e apoio do Alcade de Pontevedra, Miguel Ángel Lores; de Elena Fernandez, en representación da Secretaria Xeral Para o Deporte e como Directora do Centro Galego de Tecnificación Deportiva; de José Luis Renda, Delegado en Arousa da FGB; e en representación de Nova Galicia Banco, Gonzalo Oliveira.

Así mesmo, estiveron acompañados por Adrián del Campo, en representación do Restaurante Cambalache; e do directivo do club, Chema Tuda.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram