Presentación do VIII Torneo Minibasket Baiona 2015

O IX Torneo MInibasket Baiona 2015 conta co apoio da Deputación de Pontevedra, a Secretaría Xeral para o Deporte, Gadis, Iberian p. Partners Coca-Cola, Federación Galega Baloncesto, Torvigo e Protección Civil.

 

 

O salón de plenos do Concello de Baiona vivu este martes a rolda de prensa de presentación oficial do IX Torneo Minibasket Baiona 2015, evento que organiza o Club Baloncesto Baiona en conxunto co Concello de Baiona.

O IX Torneo desenvolverase os días 27, 28 e 29 de marzo. Unha cita anual que alcanzou gran prestixio nacional, non só pola dedicación ás categorías inferiores do deporte, senón tamén pola calidade e o nivel dos equipos que no toman parte. Tendo como marco o pavillón municipal de Baiona, 33 equipos serán os equipos que loitaran polo prezado trofeo.

A esta acudiron, en representación de todos os estamentos públicos e privados que fan posible o desenvolvemento do Torneo: Jesús Vazquez Almuiña, Alcalde de Baiona; Alfonso Mandado Vázquez, Presidente do Club Baloncesto Baiona; Pablo Louro, representante de Gadisa; Jose Luis Pérez, Responsable de Relacións cos Clubs da FGB; María Jesús Martins, concelleira de deportes de Baion; e Daniel Benhavides Alonso, coordinador de Deportes da Xunta de Galicia en Vigo.

Tamén se celebrou o sorteo dos grupos da fase previa do torneo en categoría masculina e feminina, quedando a composición baixo a seguinte orde:

Categoría Masculino:
– Grupo A: CB Baiona, Porriño BB, Sigaltec Vilagarcía, Salgado Montrove, Basket Limiense.
– Grupo B: Seis do Nadal Coia, Castelo Branco, Estudiantes Lugo, Blanco Amor.
– Grupo C: Novobasketvigo, CB Villagarcía, CB Allariz, Basquet Coruña.
– Grupo D: CB Tui, Estudiantes Pontevedra, CB Ferrol, Bosco Salesianos Ourense.

Categoría Femenina:
– Grupo A: Porriño BB, CB Arxil, Basket Limiense, Universitario Ferrol.
– Grupo B: Colegio Mariano, CB Vilagarcía, Divino Maestro, Estudiantes Lugo
– Grupo C: Seis do Nadal, Sigaltec Villagarcía, Pio XII, CB Allariz
– Grupo D: Academia Celta, CB Baiona, Carmelitas Ourense, Basquet Coruña

Sistema de Competición
O torneo desenvolverase o sábado coa formación de 4 grupos de 4 equipo,s tanto categoría masculina como feminina, clasifícándose para o playoff final os 2 mellores equipos de cada grupo, xogando o domingo unha eliminatoria directa, cuartos, semifinal e final, ata coñecer os campións.

As finais están previstas para o domingo, 29 de marzo a partir das 17.00 h en masculina e 18.00 h en feminina. Ás 19.00 h terá lugar o acto de clausura e entrega de premio

 

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram